Quantcast
Channel: Galicia de Moda. Galicia de moda, sito web dedicado a la moda de galicia, moda gallega, diseñadores, estilistas de moda, personal shoper, desfiles de moda gallega, blogs de moda. Es una revista de moda de galicia, revista de moda gallega » Galicia de Moda
Viewing all articles
Browse latest Browse all 47

Hablamos con Yolanda Castaño

$
0
0

Con 17 anos publicas o teu primeiro poema­rio, un logro bastante excepcional, como che­gou esta oportunidade?
É certo que publicar esa ópera prima sempre é o máis complicado, como tampouco é habi­tual facelo tan cedo. Eu comecei a escribir poe­sía moi nena, e na adolescencia empecei a pre­sentarme a premios literarios. A oportunidade de publicar o meu primeiro libro veu tamén por aí: un galardón que implicaba a edición da obra gañadora. Segue a ser unha das vías máis habituais para deixar de ser autor/a inédito/a, e foi pola que eu optei.

Fálase dunha crise da literatura, como ves o sector agora mesmo en España e en Galicia?
A verdade é que non sei onde se fala dun­ha crise da literatura, para serche sincera. Non creo que a haxa. A literatura, máxime a poesía, sempre foi minoritaria e seguirá séndoo. Non se pode esperar que a xente lea versos como asiste aos partidos de futbol, segue as orques­tras ou os reality shows. Hai produtos artísticos que, para ben ou para mal, non están feitos para a masa, pero non hai nada de malo niso, pois masificalos implicaría rebaixar a súa cali­dade ou intencións. A poesía pódese divulgar, espallar, dar a coñecer para que se difuminen os prexuízos sobre ela –aínda moi falsos e moi acusados- pero non se pode obrigar. Quen que­ra darlle unha oportunidade, descrubrirá todo un universo co que tal vez teña máis que ver do que pensa. Actualmente, de feito, a poesía contemporánea goza dunha saúde excelente, cunha enorme diversidade e calidade litera­ria, con experiencias interdisciplinares que misturan poesía e outras linguaxes creativas, con creadores e creadoras moi frescas, activas e dinamizadoras, e cun amplo abano de pro­postas. Outra cousa é que a maioría da xente permaneza ignorante a todo isto por prexuízo, preguiza ou descoñecemento. Eu animaríaos a asomarse a un xénero fascinante, e non tan complexo como se poda pensar!

Cales son os teus referentes da literatura ga­lega ao longo da historia?
Rosalía é unha figura tan poliédrica e xigan­tesca que sempre se pode –e debe- volver a ela e segue a producir novas mensaxes. Cunqueiro foi outro dos grandes nomes. Canto á produ­ción contemporánea, gústanme moitas cou­sas, dende Ferrín a Estevo Creus pasando por Xabier Cordal. E sobre todo nomes femeninos, dende Chus Pato a Lucía Aldao pasando por Pi­lar Pallarés, María Lado, Dores Tembrás, Olga Novo ou Lupe Gómez. Fantásticas! Con todo, sempre digo que as miñas influencias literarias non son só literarias: infúenme as letras das cancións que escoito, o cine que vexo, a foto­grafía, a plástica… mesmo a boa publicidade, que me encanta!

Escritora, filóloga, crítica literaria, presenta­dora de televisión… non hai dúbida de que es unha muller moi polifacética pero, como se compatibilizan todos estes intereses?
No fondo non son tantas facetas nin tan di­versas, realmente todas parten dunha mesma raiz común: a comunicación, a expresión de ideas, emocións, formas lingüísticas. Obvia­mente iso ha de adaptarse a distintos rexistros e canles segundo sexa o medio, pero hai tempo e impulso para todo. Non todos os momentos son momentos para a poesía no seu sentido estrito, así que se poden comunicar cousas ta­mén dende outros espazos. Eu dedícolle a todo isto practicamente todo o meu tempo. Non teño fillos, nin tampouco outro tipo de obrigas laborais, asi que ocupan o centro e a practica totalidade do meu tempo. Agora ben, como fago o que máis amo no mundo, desfruto unha barbaridade. O meu traballo non ocupa 8 ho­ras de 5 días da miña semana, nin moitísimo menos; nisto non hai horarios nin tampouco fins de semana. Pero compénsame a todas lu­ces. Considérome unha privilexiada por poder vivir disto que é o que máis me apaixona dende que era moi nena.

Sabemos que, ademais, tes formación no mundo da imaxe, como xorde esta inque­danza?
Era un campo que chamaba a miña atención, como dicía, pola posibilidade de complemen­tar a comunicación de ideas, sentimentos ou sensacións dende outro tipo de rexistros e ámbitos. Realmente tamén me interesan moi­to as linguaxes visuais, que mesmo inspiran, enriquecen ou influencian a miña propia escri­ta. Así que me decidín a ingresar na Escola de Imaxe e Son e coñecer o medio dende dentro. Iso me levou a acabar preparando o meu pri­meiro proxecto para a televisión, “Mercuria”, un programa dedicado ás artes en Galicia, que eu mesma dirixía, guionizaba e presentaba, e polo que acabei tendo a sorte de recibir o Mes­tre Mateo da Academia Galega do Audiovisual a Mellor Comunicador/a de TV en 2005. Segue a ser un medio que me gusta e interesa, aín­da que cando –ante algunhas dificultades de compatibilización- tiven que escoller entre el ou seguir apostando por isto polo que levo loi­tando 18 aniños… non puiden evitar telo claro: a poesía é o primeiro para min.

Es unha gran viaxeira, como sobrelevas os iempos mortos nod aeroportos?
…Pois aproveitando para contestar entrevis­tas coma esta! Hahaha! (Esta mañá amencín ás 4:30h en Málaga tras participar no seu festi­val de poesía, agora fago escala escribíndovos dende o aeroporto de Viena, e nunha horiña continúo para Prishtina, onde participo noutro festival de literatura. Logo diso regresarei a Coruña por unhas horas e volverei saír, para Berlín). Nunca teño problema para entreterme nos aeroportos: leo, poño ao día o correo elec­trónico… ou mesmo aproveito para coñecer de preto as novas coleccións dalgunhas tendas de roupa que, estando na casa, non teño tempo de visitar!

_DSC7619

Que é o que nunca pode faltar na túa ma­leta?
Bálsamo de labios, un libro de poesía, ma­quillaxe, unha pequena plancha de cabelo, o mini-portátil, unha libretiña de notas… e al­gunhas cantas cousas máis! Pero xa teño moi­ta práctica, e amáñome moi ben para ir pouco cargada! Por exemplo, agora para este periplo de 8 días en varios sitios, abóndame cunha equipaxe de man!

Non temos dúbidas de que te interesa a moda e a imaxe, como percebes estes cam­pos en el momento actual?
Son campos que me interesan, pero non sei se teño boas e fornecidas ferramentas para fa­cer unha análise en profundidade. Interésame máis a moda como creación de beleza e inden­tidade persoal que na súa faceta excesivamen­te vinculada ao capital e á uniformización. Para percibir a moda, como para todo, tamén é im­prescindible ir ben pertrechada de conciencia e sentido críticos, algo que se adquire con canta máis cultura e experiencias, claro. Preocúpame que a moda tenda cada vez máis ao negocio, ao mercantilismo, como tamén me preocupa o ris­co de manipulación de personalidades vulnera­bles como podan ser os mozos e mozas máis novas. Con todo, no que atinxe á pura estética, a moda segue a producir soños, propostas e horizontes enormemente fascinantes.

Cando vas de compras, a que non podes re­sistirte?
Podo resistirme a case todo, pénsoo dabon­do antes de comprar, son pouco consumista. Pero supoño que unha prenda ideal para min, e á que me custaría máis resistirme, sería aquela que reunise varias condicións: que fose cómoda, favorecedora e orixinal. Por exemplo: un vestido de inverno, abrigadiño, doado de levar e de transportar nunha maleta, que me sentase ben e cun toque ‘diferente’… sería algo que probablemente non deixaría na tenda.

Como definirías o teu estilo? Cales son as prendas e as cores que non poden faltar no teu armario?
Cústame definir a min mesma o meu estilo, supoño que ten por veces un aquel ‘chic’, ou algo así… pero non se pecha a certo eclecti­cismo. Gústanme as saias con algo de volume, os botíns, os xerseis de colo alto, os vestidos. Gústame o negro e o branco, as cores roxizas e cálidas, o gris… Encántanme os complemen­tos, capaces de transformar un mesmo look. Son moi útiles para variar os estilismos cando viaxas!

Non queremos despedirnos sen saber en qué estás a traballar agora mesmo e cales son os teus proxectos máis inmediatos.
Pois os meus proxectos máis inmediatos son publicar un novo libro de poesía e rema­tar outro novo no que xa estou traballando. Á vez, preparo tamén un volume colectivo de traducións de poetas internacionais contem­poráneos para o galego, outro dun poeta croa­ta fantástico para o castelán, e un novo poe­mario para nenos e nenas. Tamén organizarei a segunda edición do Obradoiro Internacional de Tradución Poética que fago no outono, e continuarei co noso ciclo mensual de recitais, POETAS DI(N)VERSOS. Iso e seguir viaxando a novas citas literarias, como a que me levará en xuño a Finlandia, coincidindo co sol de media­noite. Apetéceme moito!

Algunhas preguntas breves:
> Un libro: “La extracción de la piedra de la locura” de Alejandra Pizarnik
> Unha película: “Revolutionary Road”
> Un personaxe histórico: as pen­sadoras feministas do século XX.
> Unha cor: burdeos.
> Unha prenda fetiche: un vesti­do, un bustier, unhas botas.
> Un complemento: pendentes, un colar traído dunha viaxe remo­ta, un tocado para unha ocasión especial.
> Un deseñador: o galego Gonza­lo Vázquez! Un camiño futuro ao que non seguir a pista e dende logo unha figura que apoiar. Son fan total.

 

Entrevista de la revista número 8.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 47

Trending Articles


FORECLOSURE OF REAL ESTATE MORTGAGE


HOY PANGIT, MAGBAYAD KA!


Girasoles para colorear


Pagmamahal Quotes : Tagalog Love Quotes


“BAHAY KUBO HUGOT”


RE: Mutton Pies (frankie241)


Ka longiing longsem kaba skhem bad kaba khlain ka pynlong kein ia ka...


Vimeo Create - Video Maker & Editor 1.5.2 by Vimeo Inc


Vimeo 11.5.1 by Vimeo.com, Inc.


Vimeo 11.8.1 by Vimeo.com, Inc.


Patama tagalog quotes – Move On Quotes


Pokemon para colorear


Sapos para colorear


Tagalog Breakup Quotes


Re:Mutton Pies (lleechef)


Re: lwIP PIC32 port - new title : CycloneTCP a new open source stack for...


Hato lada ym dei namar ka jingpyrshah jong U JJM Nichols Roy (Bah Joy) ngin...


Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.


EASY COME, EASY GO


From Male to Female